Como colofón a este ano intenso, participamos nas XVII Xornadas dos Clubs de Lectura, un encontro anual das/os coordinadores de Clubs no que este ano tiveron como novidade a participación de alumnado de distintos clubs de lectura. Nesta mesa redonda moderada polo gran mediador Freddy Gonçalves participaron Xabi, Aldán e Rut en representación dos seus centros: IES Agra de Orzán, IES Valadares e IES de Brión.
Unha gran conversa na que se falaron de moitos temas vencellados á lectura e na que tamén puidemos reflexionar sobre como e por que lemos e que facer ou non para promover a lectura. Nós estamos moi orgullosas/os da nosa representante, Rut, que non o puido facer mellor.
A conclusión é clara: hai que escoitar e escoitarnos.