domingo, 16 de maio de 2021

ESCOLLEMOS LECTURAS!

Estivemos escollendo a nosa próxima lectura e fixémolo dun xeito un pouco distinto:

Os libros estaban forrados, así que só podiamos ler o propio texto sin saber título, autor/a nin a información da contracapa. Unha vez revisados todos, cadaquén escribiu os números que identificaban a cada un dos libros.



A continuación, apareceron os libros, xa sen o forro, pero só tiñamos a información exterior, é dicir: título, autor/a, editorial, o deseño da capa e a información que a editorial puxera nela (había algunha que levaba faixa).



Escollemos por fin! E tamén aproveitamos para falar de que era o que nos levaba a escoller un libro e non outro... moitas veces un deseño bonito facía moito!

Ah, e a escolla foi completamente distinta nas dúas ocasións, así que, quen sabe que imos ler!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario