Estivemos comentando a banda deseñada que escolleramos: "Wolfram" de Alberto Varela. Descubrimos a existencia de minas de wolframio en Galicia e algúns aspectos do cómic que pasaran desapercibidos... ata aparece Castelao!
Tamén puidemos ver un vídeo con imaxes das minas de wolframio e aquí queda un enlace para ver un vídeo máis longo pero moi interesante sobre o traballo nestas minas e o papel das mulleres: "A luz do negro" de Encarna Otero
Ademais fixemos o noso primeiro guión para o programa de "LiBRIOnesxs na onda" que podedes seguir en Radio emBRION e escoitar aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario