xoves, 10 de novembro de 2022

OPINIÓN SOBRE "OS BANDIDEN"

 


Os Bandiden son unha familia moi peculiar, xa que todos son bandidos. Non son os típicos bandidos que van roubando diñeiro e xoias, senón que eles rouban outras cousas, como friameiras con comida, larpeiradas (sobre todo regalicia) e moitas lambetadas azucradas e graxentas.

Un día, estaban a roubar un coche, e sen querer leváronse a Vilja, unha nena que ía á casa da súa avoa coa súa familia. Cando os Bandiden raptaron a Vilja, toda a súa vida cambiou, xa que Vilja axudábaos a organizarse e a planificar os asaltos e as cousas de modo que todos estivesen felices.

A Vilja tamén lle gustaba estar coa familia Bandiden, xa que eles dábanlle cousas que ela non tiña coa súa familia, como atención e cariño. Xuntos vivían moitas aventuras trepidantes e divertidas.

Martiño Yáñez 1º ESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario